Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 3d ago
Lisätty eight vuotta sitten
Innhold levert av Proxecto Neo. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Proxecto Neo eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Player FM - Podcast-app
Gå frakoblet med Player FM -appen!
Gå frakoblet med Player FM -appen!
Podcaster verdt å lytte til
SPONSET
B
Biscuits & Jam


1 Biscuits & Jam Returns on March 4th for Season 6 with The War & Treaty! 1:42
1:42
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:42
Join us for the launch of Season 6 of Biscuits & Jam on Tuesday, March 4th, 2025 with The War and Treaty’s Michael and Tanya Trotter. Learn more about your ad choices. Visit podcastchoices.com/adchoices
Podcast de Proxecto Neo
Merk alt (u)spilt...
Manage series 1315140
Innhold levert av Proxecto Neo. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Proxecto Neo eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
…
continue reading
222 episoder
Merk alt (u)spilt...
Manage series 1315140
Innhold levert av Proxecto Neo. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Proxecto Neo eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
…
continue reading
222 episoder
Kaikki jaksot
×P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Cristina Cayón Pardo e Ana Fernández 1:03:03
1:03:03
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:03:03
Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis. Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias. A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a psicóloga do CIM de Burela, coa que conversamos sobre a importancia de detectar os sinais dunha relación tóxica. Inmediatamente a seguir falamos con Ana Fernández, matrona do centro de saúde de Burela e Ribadeo. Con ela conversamos para sabermos mais sobre saúde sexual. Aprenderemos cales son as chaves para termos unha relación saudábel, respeituosa e segura co noso corpo.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada 1:00:04
1:00:04
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:00:04
Como temos por costume, comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Día. Inmediatamente a seguir atendeunos ao teléfono Antonio Reigosa para falarmos dos 20 anos do Portal Galicia Encantada. Tamén falamos con Mónica Pazos, docente de Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo, en Burela. Con ela falamos sobre a convocatoria de Queremos Galego prevista para o próximo domingo día 23 de febreiro. Xa na parte final do programa conversamos co profesor de Bioloxía Fernando Losada con motivo da recente participación do alumnado do Perdouro nas Olimpíadas de Xeoloxía. Finalizamos o programa cunha pequena crónica da experiencia.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Juan José Eiroa; Daniel Esteban Mejía; Arantxa Miguel. 1:03:18
1:03:18
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:03:18
Entraremos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentaçión e o sono. A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela.Con Juan José Eiroa conversamos sobre a importancia da actividade física para a nosa saúde. Inmediatamente a seguir falamos con Daniel Esteban Mejia, cirurxán residente de primeiro ano en Medicina Familiar e Comunitaria na área sanitaria da Mariña.Con Daniel Esteban abordamos a importancia dunha boa alimentación para estarmos saudables. Xa na parte final do programa acompañounos no estudio Arantxa Miguel, médica do centro de saúde de Burela. Con Arantxa Miguel analizamos importancia do sono para o noso ben-estar físico e mental.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro 1:01:30
1:01:30
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:01:30
Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía, Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas aficións. Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos com Luis Ramilo sobre a reinterpretación da canción "Fábula dos coellos" de Ismael Serrano. Falou deste proxecto colaborativo levado a cabo polo Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo, o IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña) e o IES Perdouro de Burela. Xa na parte final do programa conversamos con Marta Castro Alba, profesora de Lingua e Literatura galega que este ano está no IES Perdouro.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira 58:41
58:41
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt58:41
Como temos por costume, esta tarde abrimos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir ouvimos a colaboración que nos enviaba o profesor Fernando Losada sobre o obradoiro de minerais impartido polo xeólogo Fran Canosa, o pasado dia 15 de xaneiro, no Perdouro. Imediatamente depois entramos na primeira entrevista da tarde onde conversamos con Manuel Mella e Tiziana Martínez Vallenilla, alunos do IES Marco do Camballón que están a participar na elaboración de unha antoloxía de cancións que son poemas. Despois de falarmos con estes dous alunos neofalantes, viaxamos a Viana do Bolo para falarmos con Iria Guerra Pérez, a neta de Nene. Conversamos con ela sobre a semente que deixou o seu avó. Xa na parte final do programa, o protagonista foi Amauri Cavalcante Pereira, alumno de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. Con Amauri Cavalcante conversamos sobre como foi a súa chegada do Brasil á Mariña con só 11 anos. Falamos tamén de como foi a sua recente viaxe ao Brasil depois de estar tanto tempo fora.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández. 1:02:24
1:02:24
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:02:24
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en NOIS. Con Paco Rivas conversamos sobre o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa. Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do Vicedo, No lugar do Xestoso, coñecemos o famoso teatro e tamén un artista convidado. O Teatro das Cortes consolidouse en 2024 como centro de interese cultural. Alí estivo o cantautor Xosé Constenla, con quen falou Bernardo Penabade, nunha entrevista improvisada. A protagonista do terceiro dos contidos foi Lucía Fernández, profesora de Lingua e Literatura Galega no Perdouro. Conversamos con ela e os seus alunos Uxía Cabarcos, Jorge Melo e Daniel Vázquez Longarela sobre un proxecto moi especial que están levando a cabo os alunos de 1º da ESO. Lucía Fernández (a profesora) e estes estudantes de 1º de ESO explicarannos este proxecto centrado nas cantareiras homenaxeadas co motivo do Día das Letras Galegas 2025. Falamos tamén de como está a ser o proceso de creación dunha pandeireta con material de refugallo coa colaboración do profesorado e alumnado do Ciclo de Mecanizado. Na parte final da entrevista abordamos cal é a meta deste proxecto tan ambicioso, que no mes de maio acabará coa interpretación dunhas coplas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 441.14: Viagem a Cabo Verde con Bernardo Penabade 1:04:31
1:04:31
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:04:31
Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, conversamos con Bernardo Penabade sobre a súa viaxe a Cabo Verde no pasado mes de novembro. Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Acompañamos o seu percurso polas illas deste arquipélago para coñecermos un pouco mellor a cultura caboverdiana. Souberemos a súa impresión sobre o funcionamento das escolas de ensino primário de Porto Mosquito e Gouveia, a escola de ensino secundário do Salineiro e, aínda, da escola de Hotelaria e Turismo, onde desfrutou dun almorzo e ofreceu unha palestra sobre as migrações. Finalmente falamos sobre a súa visita á Universidade de Cabo Verde e a palestra que ali ofereceu. Tamén conversamos sobre o seu encontro persoal co Presidente da República, após a asistencia ao lanzamento do seu libro. Falamos tamén da súa visita a Achada Falcão, símbolo da resistencia camponesa; xénese da independencia de Cabo Verde. Xa na parte final do programa abordamos o ámbito literario através dos seus encontros con Analina Rocha e Joaquim Arena.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 440.14: Radio Saúde Burela: Consellos para unhas festas saudables. 1:01:27
1:01:27
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:01:27
Abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e Horrografía. Xusto a seguir iniciamos o último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela que esta tarde puxo o foco en orientarnos para podermos gozar dunhas festas responsables. O fereceunos a visión panorámica Maite Lanza, da Unidade de Drogodependencia, e colaboradora habitual do programa. Con Maite Lanza falamos sobre o traballo que desenvolve esa Unidade no ámbito da Mariña. Inmediatamente a seguir, falamos con Montserrat Corral Varela, profesora de Neuro Psicoloxía na faculdade de Psicoloxía, na Universidade de Santiago. Coa Doutora Corral abordamos como afecta o consumo de drogas ao cerebro, principalmente na adolescencia. Xa na parte final, tamén nos acompañou no estudio José Luis Fernández Fernández, médico de familia no Hospital da Costa. O Doutor Fernández falaounos dos riscos directos e indirectos para a saúde provocados polo consumo de diferentes drogas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 439.14: Manuel Rivero; Ana Carreira; Xulio Oitavén. 1:01:54
1:01:54
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:01:54
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e A pílula científica Comezamos o programa desta tarde conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares de Galicia cunha entrevista a Manuel Riveiro. Con quen falamos sobre o seu libro “Universo Aurora Sampedro”, onde fai un repaso sobre a vida desta científica mariñá. Inmeditamente a seguir estivemos con Ana Carreira, con ela conversamos sobre o obradoiro de escrita creativa que impartiu no pasado 16 de novembro no Perdouro. O obxectivo dese obradoiro foi elaborar un manifesto que, xunto con outros, servirán de base para que Maria Lado redacte o manifesto final do Correlingua do ano 2025. Xa na parte final do programa desta tarde acompañounos novamente no estudio, Xulio César Ares Oitavén. Con el conversamos hoxe sobre as súas prácticas deportivas: o enduro e a pesca submarina.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 438.14: VioXen; Alicia Lage; Xulio César Ares Oitavén. 1:01:34
1:01:34
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:01:34
Comezamos o mes de decembro facendo divulgación das actividades celebradas á volta do 25 N. A primeira delas chegou do profesor Fernando Losada, unha crónica introducida por Miriam Beizena Vigo e realizada polo alunado de 1º de BAC que viaxou a Santiago de Compostela para participar nun acto institucional organizado pola Consellería de Igualdade. Inmediatamente a seguir ouvimos unha entrevista con integrantes de VioXén, o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero. Os alumnos de 4º PDC conversaron con María del Mar e Francisco Javier, que nos explicaron o seu labor neste ámbito. A segunda parte do programa desta semana estivo dedicado á educación na diversidade. Para falarmos do tema, contamos no estudio con dous convidados: Alicia Lage e Xulio César Ares Oitavén. Con eles conversamos sobre as súas funcións na atención á diversidade no ámbito da educación.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 437.14: Radio Saúde Burela: Rocío Valle Fraga e Minda Lusquiños 1:00:24
1:00:24
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:00:24
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazo colaborativo: A noicia da Semana. Inmediatamente despois, como todos os últimos mércores do mes tivemos unha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión estivo dedicada á denuncia da violencia de xénero. Acompañáronnos no estudio dúas convidadas: Rocío Valle Fraga, asesora xurídica do CIM de Burela, e Arminda Lusquiños, traballadora social do Centro de Saúde e sexóloga. Con elas conversamos sobre as súas funcións na atención de mulleres vítimas de violencia machista e abordamos con que ferramentas podemos traballar para dar apoio ás vítimas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 436.14: Josefino Quedi Barbosa Brandão; Denís Gutiérrez; Marcos Bermúdez. 1:02:52
1:02:52
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:02:52
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomia. Inmediatamente despois, por xentileza do profesor Bernardo Penabade, que estes dias está em Cabo Verde, ouvimos unha magnífica entrevista co director da escola Agrupamento II Complexo Educativo do Salineiro, na illa de Santiago, en Cabo Verde. Josefino Quedi Barbosa Brandão, falounos sobre como funciona unha escola de ensino secundário caboverdiana. Na parte final do programa falamos con Denís Gutiérrez, coordinador do programa Erasmus +, e con Marcos Bermúdez, aluno beneficiario do programa, que nos contou en primeira persoa como foi a súa experiencia nun centro de traballo no estranxeiro.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 435.14: Javier Miranda; Cristina Castro 1:02:47
1:02:47
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:02:47
Esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Imediatamente depois oímos os dous audiorrelatos finalistas do Samaín, feitos polos alumnos Alba Fernández Quelle, de 1º de bacharelato, e Abraham Díaz Palacios, de 4º PDC. Na parte central do programa de hoxe conversamos con Javier Miranda, un xoven agricultor con moita vontade de traballar e ver producir as pequenas e fértiles “Terras de Miranda”, situadas na Mariña Lucence. Con este xoven emprendedor de Riotorto falamos hoxe da experiencia na súa empresa, un exemplo de profesionalización no sector da horta. Xa na parte final do programa falamos con Cristina Castro, esta artista galega, autodidacta da pintura e fotografía, afincada en Ourol. Con ela falamos da exposición "Sobre as nosas cabezas" que estes días pode ser visitada na Casa da Cultura de Burela. SHIVA: Con ela conversaremos da exposição “Sobre as nosas cabezas”. Un traballo que aborda a carga e desigualdade que sofren as mulleres en moitas culturas.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 434.14: Alejandro Fernández; Luz Aída Quiroga; Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga; Marta Ledo Xardón. 1:01:20
1:01:20
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:01:20
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Inmediatamente despois da primeira música, por xentileza da profesora Lara Oliveros, tivemos unha magnífica entrevista que aborda o desenvolvemento económico no ámbito rural. Alejandro Fernández Reigosa, de Ferreira do Valadouro, presentounos unha empresa de produción de carne de vacún ecolóxica. O noso programa de diálogo entre culturas estivo centrado na experiencia dunha familia de orixe colombiana, residente en Burela. Acompañounos no estudio, Luz Aída Quiroga Delgado, chegada á nosa terra en 2006; e a súa filla, Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga. Con Luz Aída e Yahaira falamos na parte central de Proxecto Neo. Na parte final do programa viaxamos a Asturias para falarmos con Marta Ledo Jardón, poeta, integrante da Asociación Axuntar. A Asociación Axuntar celebrou recentemente un encontro en Castropol: a entrega dos premios que levan o seu nome.…
P
Podcast de Proxecto Neo

1 Proxecto Neo 433.14: Especial Radio Saúde Burela 1:01:29
1:01:29
Spill senere
Spill senere
Lister
Lik
Likt1:01:29
O programa 433.14 foi, novamente, un monográfico dedicado á atención sanitaria. Coa axuda de Catalina Caamaño, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela, conversamos con Alicia Rama. Alicia Rama García, traballadora Social no Servizo Galego de Saúde, é unha das responsábeis da Rede Galega de Promoción de Saúde na Área Sanitaria de Lugo. Feita esta contextualización inicial, coñecemos en que estado está (no ámbito local) a ponte de comunicación entre as escolas e a Estratexia de Prevención da Saúde. Polo sector educativo acompañáronnos no estudio, Rocío López, do Instituto Monte Castelo; Miruca Parga, do Instituto Perdouro; e Pepa Amor, da Escola Virxe do Carme, dos Castros. Finalizamos o programa coa intervención de tres autoridades do sistema sanitario no ámbito local: Maite Lanza, da Unidade de Asistencia á Drogodependencia; Rosa Fraga, de Atención Temperá; e Arantza de Miguel, médica no Centro de Saúde…
Velkommen til Player FM!
Player FM scanner netter for høykvalitets podcaster som du kan nyte nå. Det er den beste podcastappen og fungerer på Android, iPhone og internett. Registrer deg for å synkronisere abonnement på flere enheter.