To give you the best possible experience, this site uses cookies. Review our Privacy Policy and Terms of Service to learn more.
Forstått!
Innhold levert av Carretando. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Carretando eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Player FM - Podcast-app Gå frakoblet med Player FM -appen!
In the South, food and music go hand in hand. They define much of what we think of as Southern culture, and they say a lot about our past, our present, and our future. Each week, Sid Evans, Editor in Chief of Southern Living, sits down with musicians, chefs, and other Southern icons to hear the stories of how they grew up, what inspires them, and why they feel connected to the region. Through honest conversations, Sid explores childhood memories, the family meals they still think about, and the intersection of food and music in their lives. Always surprising, always engaging, Biscuits & Jam is a celebration of the South—and the people who are moving it forward every day. New episodes every Tuesday.
Innhold levert av Carretando. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Carretando eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com
Innhold levert av Carretando. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Carretando eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com
Neste novo episodio de Carretando seguimos na procura de dar a coñecer como funcionan as institucións europeas. Como de costume, no eido supranacional, da man de Roi P. Vila e Marta Casais, abordamos os retos exteriores dunha UE con fortes discrepancias internas ante un mundo en conflito.
De cara as Eleccións Europeas do vindeiro 9 de xuño, desde Carretando queremos abordar o papel do noso país no contexto europeo. Farémolo a través dunha serie de podcast sobre casos cercanos e presentes na axenda pública galega da man de Roi P. Vila e Marta Casais. Neste primeiro episodio sobre Galicia e a UE falamos sobre política de reindustrialización, gobernanza e accountability a través do caso Altri, a celulosa que quere instalarse na comarca da Ulloa con fondos europeos. Sube connosco na autocaravana que imos percorrer Europa!…
Este episodio número 13 é o derradeiro da cuarta tempada de Carretando. Despedímonos dunha tempada moi frutífera para todas as persoas que formamos parte do proxecto. Moitas analistas, moitos temas a tratas e moitas gañas de falar sobre a nosa política teñen marcado esta cuarta tempada do podcast. Neste episodio 13, falamos sobre o resultado electoral que se produciu o pasado 18F en Galicia. Desta volta, contamos con Román Varela, Carmen del Río e Yannick Juncal pola parte do equipo de Carretando; e con Marta Casais, Roi Pérez e Ana G. Liste como invitados de luxo. Desfrutade do capítulo e descansade, que nós pronto volvemos!…
Neste último faladoiro de Carretando de cara ás eleccións máis abertas en 15 anos no noso país, pasan pola autocaravana do podcast as nosas presentadoras, Carmen del Río e Román Varela. Como invitadas, temos con nós a Lucas Álvarez, Thais Fernández, Candela Estévez e Alberto Estévez. Ademais, contamos cunha segunda mesa conformada por Javier Carnota (consultor e analista político), Pablo Díaz Bouza (xornalista), Marta Otero (xornalista de La Opinión), Ana G. Liste (xornalista de praza.gal) e Nerea Pazos (analista política e consultora). Arredor das dúas mesas de faladoiro que se conforman neste duodécimo episodio de Carretando, as nosas invitadas debullan como se está a desenvolver a campaña electoral do 18F, así como do papel que están xogando os diferentes partidos e sobre os datos que amosan as enquisas publicadas. Isto e moito máis neste novo episodio de Carretando!…
Seguimos coas mesas de análise con convidadxs de luxo neste #Carretando18F falando do principal tema da semana: o #DebateCRTVG. Con Belén Teiga, Manuel Ortigueira, Ana Luísa Bouza e David Lombao analizamos como lle foi a cada partido nel e tamén como lle podería afectar acudir ou non aos que están previstos. Asemade, trazamos a perspectiva xeral de como está a ser o devir da campaña electoral agora que comeza a recta final e imos afinando as nosas #PorraCarretando18F. Agradecemento aos grupazos Nimbos e Familia Caamagno pola cesión da súa música para dárlle cor aos nosos programas.…
En Carretando non perdemos de vista a cita do domingo 18 de febreiro e enchemos a nosa mesa de analistas e xornalistas para valorar como foi a precampaña e cales poden ser os principais temas da campañ. Con Lara Salgado (Radio Galicia SER), Ana G. Liste (Praza.gal), Roi P. Vila (consultor político), Manuel Ortigueira (economista e analista político) e Yannick Juncal (politólogo de Carretando) falamos de sanidade, pellets, lemas de campaña, marcos... Ah, e tamén facemos a #PorraCarretando18F. Sube na nosa autocaravana e desfruta.…
No noveno episodio desta cuarta temporada, o equipo de Carretando debulla o escenario preelectoral de Galicia. Nomes propios, candidaturas e o estado dos diferentes actores e bloques políticos son motivo de debate entre o noso equipo. Ademais, ao remate da conversa os membros da autocaravana fan a súa #PorraCarretando e salta algunha que outra sorpresa. Animámosvos a que fagades as vosas propias porras nas redes sociais de Carretando!…
A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando achégase á figura da líder da oposición e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón. Facemos un repaso pola traxectoria da política sarriá, dende a súa toma de conciencia política no seu paso polo instituto, ata a súa andandura por Galiza Nova e a transformación orgánica que levou a cabo dentro do proxecto nacionalista. Agora, Pontón e o BNG afrontan unha oportunidade histórica, a de investir á primeira presidenta da democracia de Galicia. Da man de Ana Luísa Bouza, da revista Luzes, e Juan Oliver, de Público, trazamos o perfil da esperanza nacionalista para este 18F. Sube connosco nesta nova viaxe :)…
En plena precampaña electoral e coa crise dos microplásticos marcando a axenda, Carretando achégase á figura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Do "non te metas en política" de seu pai, a ser presidente logo de case tres lustros ocupando postos institucionais de relevancia. Rueda enfróntase agora ao seu primeiro gran reto electoral: revalidar a maioría absoluta que lle deixou o seu predecesor, Núñez Feijóo. As figuras dos dous últimos presidentes do país están moi ligadas, xa que sempre foi o seu home de confianza, o seu número dous, co que levaron de novo o PP á Xunta coa famosa campaña do 2009. E así, cando Feijóo "o previsible" decidiu marchar a Madrid, as quinielas soamente apuntaban un nome. Da man de Carlos Punzón, de La Voz de Galicia, e David Lombao, de praza.gal, trazamos o perfil deste burócrata de segunda liña que agora ten que poñer a súa cara nos carteis o #18F. Sube connosco nesta nova viaxe :)…
Galicia votará o vindeiro 18 de febreiro e nós seguimos coa programación habitual neste contexto de (agora xa de xeito oficial) precampaña. Continuamos abordando os grandes retos aos que nos enfrontamos cun episodio sobre despoboamento. O reto demográfico é unha das cuestións fundamentais nun país a dúas velocidades, cun flanco occidental que conta con certo dinamismo e un oriental que esmorece. Como se vertebra o país? Para responder a isto contamos coa participación de Carlos Ferrás, xeógrafo e profesor da Universidade de Santiago; e Antom Fente, de Interior Galego Vivo, que nos aportará unha visión máis política. Benvidos, benvidas e benvides a unha nova viaxe na nosa autocaravana nunha ruta que ten unha primeira gran parada: o domingo 18F.…
Mentres os partidos continuan coa precampaña cara as galegas, en Carretando comezamos a debuxar os perfís dos candidatos e candidatas á Xunta con Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) como primeiro protagonista. Tras arquivarse as causas que o obrigaran a dimitir e logo de sete anos apartado da vida pública, Besteiro volve ao lugar de partida, candidato á porta duns comicios autonómicos moi abertos. Da man dos xornalistas Cristina P. Marcote e Manuel Varela, repasamos a traxectoria dun político cunha biografía que se resume no ascenso, a caída e a resurrección; con paralelismos ao Manual de resistencia do seu amigo Pedro Sánchez. Sube connosco nesta nova viaxe para coñeceres polo miúdo a quen os seus chamaron "o Messi da política galega".…
Para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno precisáronse acordos con oito partidos. O BNG foi unha desas forzas coas que o PSOE estableceu un pacto de investidura coa mirada centrada no país e cun claro sabor a precampaña. O xornalista Luís Pardo sube na nosa autocaravana para analizar o contido do acordo, a reacción que obtivo por parte do Partido Popular e as implicacións que ten de cara as eleccións galegas nesta recta final. Ponte cómodx e desfruta desta nova viaxe!…
O xeito no que nos movemos polo territorio é un dos grandes temas do noso tempo e por iso en Carretando quixemos poñer a mirada en como o facemos os galegos e galegas. A mobilidade no noso país tivo sempre condicionantes como a dispersión territorial ou o desequilibrio demográfico, mais que transformacións se deben acometer para contar no futuro cun modelo que vertebre de modo xusto e sostible o territorio? Para exploralo pasarán pola nosa autocaravana Mateo V. Cornado, doutor en Xeografía e investigador en mobilidade e transporte sustentábel; e Miguel Pazos, profesor de Xeografía Humana na USC. Pon os auriculares e desfruta desta nova viaxe sobre como viaxamos.…
A pasada semana celebrouse no Parlamento de Galicia o debate do estado da autonomía no que se trataron os temas, os problemas e as propostas transversais para toda a sociedade galega. O seu interese radica en que foi o primeiro DEA de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, pero tamén o último antes de que as galegas vaiamos ás urnas, un escaparate no que os partidos se posicionan cara a cita electoral. Para analizar e contextualizar todo o que deron de si estas xornadas, temos na autocaravana a dúas persoas que o seguiron moi de preto: David Reinero, de Praza.gal, e Beatriz Muñoz, de elDiario.es. Asemade, o noso politólogo Yannick Juncal encargarase do apartado divulgativo para explicar polo miúdo este acontecemento parlamentario. Ven percorrer o Hórreo na nosa autocaravana!…
O turismo é a primeira cuestión que imos abordar nesta tempada na que percorreremos os grandes temas para o noso país. Existe o turismo sustentable? Temos que reformular o modelo turístico actual da Xunta? Que hai máis alá do Camiño e do Xacobeo? Para dárlle resposta a estas preguntas contaremos coa participación de Iria Caamaño, doutora en Dirección e Planificación do Turismo e profesora do Departamento de Socioloxía na UDC; e con Begoña Muiño, doutoranda cunha tese centrada no boom da intelixencia e observatorios turísticos. Tamén intervirá no programa Salvador Cobo, tradutor da obra de Rodolphe Christin, 'Contra el turismo', que complementará o tema desde un prisma diferente. Sube connosco na autocaravana noutra volta pola Galicia turística!…
A furgoneta de Carretando volve a percorrer os camiños do país na súa cuarta tempada. Desta volta, temos no horizonte o comezo do curso político en Galicia e as vindeiras eleccións autónomicas. Todos os membros de Carretando participamos no faladoiro deste primeiro episodio para debullar como se atopan de forma os partidos en Galicia, tanto a nivel interno como de liderado. Póñedevos cómodas e cómodos que arranca esta cuarta tempada!…
O equipo de Carretando conclúe a súa terceira tempada no formato podcast! Facémolo con moitos quilómetros nas costas, no contador da autocaravana, mais tamén co orgullo do traballo destes últimos meses. E facémolo na nosa viaxe pola Boa Vila, percorrendo un lugar marcado pola verticalidade de Ence e horizontalidade do Lérez. É o momento de falar do seu modelo de cidade, pero tamén de como se atopan as organizacións políticas antes do 28 de maio. E, desta volta, contamos con Álex Espiño, de PontevedraViva, e Cris Prieto, da delegación pontevedresa de Faro de Vigo, para contextualizar o panorama de Pontevedra. De novo, profesionais da información que achegan coñecemento e interpretación da política local!…
Chegamos a unha sorte de fogar: foi en Compostela onde naceu Carretando, xusto nas entrañas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Mais desta volta estamos na cidade para ir máis aló do espírito estudiantil e do Xacobeo; desexamos entender que aconteceu e acontece en termos políticos en Santiago antes das eleccións municipais do 28M. Da man de Belén Teiga, xornalista en EuropaPress, e do consultor Roi Pérez, debullamos o goberno de Bugallo e falamos do modelo de urbe de Santiago (máis ben, da súa inexistencia). Nesta penúltima parada contamos co #MinutoCarretando dos catro principais candidatos á alcaldía compostelá: Xosé Sánchez Bugallo (PSdeG), Borja Verea (PPdeG), Goretti Sanmartín (BNG) e María Rozas (Compostela Aberta).…
Despois das vacacións de Semana Santa, o equipo de Carretando fai a súa seguinte parada ós pés da Muralla de Lugo. Debullamos o contexto electoral da cidade romana cara o 28M coa participación das xornalistas luguesas Jessica Fernández, de LugoXa, e David Lombao, de Praza.gal. Na sección final, o candidato do BNG, Rubén Arroxo, expón que nestes catro anos conseguiron darlle “ese cambio a Lugo que tanto necesitaba”, convertendo a urbe nun lugar “activo e con moito dinamismo”. O resto de partidos achacaron problemas de axenda para poder atender a chamada de Carretando para o noso #MinutoCarretando.…
O noso último podcast fala de Vigo, de Abel Caballero e do que hai máis aló da súa figura! O que había antes del, o que pode haber no futuro e tamén as propostas que achegan os candidatxs do resto de formacións políticas. Un programa para traspasar as luces de Nadal e mirar a cidade máis grande de Galicia dende outra perspectiva da man de Uxía Miranda e Víctor Currás, xornalistas de Treintayseis e Faro de Vigo.…
A terceira viaxe de Carretando prodúcese nun espazo singular: Ferrol, sétima urbe galega, é unha cidade onde os problemas políticos do presente son, en realidade, cuestións do pasado. Problemas estruturais arredor da inestabilidade, a paralización do Concello ou a imposibilidade de establecer un convenio co Ministerio de Defensa para desbloquear unha parcela de 90.000 metros cadrados no centro de Ferrol. Nesta ocasión, a través dos xornalistas Marta Corral, de Ferrol360, e Isidoro Valerio, de Radiovoz, entendemos que pasa na política local de cara ao 28 de maio, pero tamén que aconteceu nestes anos para que a cidade aínda non teña claro un proxecto para si mesma. Un horizonte de futuro.…
Na segunda viaxe da nosa autocaravana polos concellos galegos facemos unha parada na cidade da Coruña. Analizamos a política coruñesa da man de dous coñecidos xornalistas como Marta Otero, de la Opinión de A Coruña e Pablo Díaz, de Radio Coruña Cadena Ser. Ademáis, contamos cos candidatos do PSdeG-PSOE, PPdeG, Marea Atlántica, BNG e Unidas Podemos para explicarnos os seus proxectos para a cidade de María Pita. No 3x02 tratamos de debullar quen se sentará no sillón da praza da heroína coruñesa e moito máis.…
Na primeira parada destas eleccións municipais, o equipo de Carretando desprázase a Ourense para abordar cos xornalistas de La Región, Brais Iglesias e Sergio Conde, o contexto pre-electoral da cidade. Ademais, contamos cos candidatos do PSdeG, PPdeG e BNG para explicar o seu proxecto para Ourense. Ó longo do episodio preguntámonos se repetirá Jácome como alcalde. Queremos saber se Manuel Cabezas ou Paco Rodríguez serán capaces de paralo e cal será o papel do BNG. Isto e máis, no 3x01 de Carretando.…
Carretando volve ás estradas galegas coa súa terceira tempada. Os episodios que conforman esta nova viaxe falan da festa da política que vai acontecer o vindeiro 28 de maio en todos os concellos do país. Neste primeiro capítulo, a pouco máis de 100 días para as eleccións municipais, pintamos o cadro xeral de Galicia e explicamos a dinámica desta nova etapa do proxecto.…
No derradeiro episodio da segunda tempada de Carretando, compartimos reflexións coas compañeiras de Castañas no Verán. O programa está dividido en dúas partes. Nesta primeira parte publicada por nós, analizamos a dimensión social dos problemas políticos, mentres que na segunda parte que publica o podcast Castañas no Verán, falamos sobre a dimensión política dos problemas sociais.…
Neste episodio de Carretando analizamos a influencia galega sobre o Partido Popular a nivel nacional. Realizamos un percorrido histórico polas figuras que Galicia lle proporcionou ó PP e mantemos un faladoiro con Gema Sánchez, doutora en Ciencias Políticas, e a Rafa Cuíña, ex alcalde de Lalín. Na divulgación afondamos na estrutura e organización internas do Partido Popular con Adrián Vázquez e os nosos politólogos.…
Neste novo episodio de Carretando estamos de celebración e quixemos repasar todo o que levamos vivido e o ollar o futuro. Os comezos, as dificultades, o bo, VÓS... O Carretando máis íntimo, nesta nova entrega do voso podcast galego favorito.
Neste episodio especial de Carretando falamos sobre o resultado electoral das últimas eleccións portuguesas. A maioría absoluta de Costa e o Partido Socialista, o fracaso do Bloco de Esquerda e do Partido Comunista Portugués, o ascenso do Chega, a derrota do PSD... Para analizar todo isto temos connosco a Tereixa Constenla, corresponsal de El País en Lisboa e a Anxo Luxilde, escritor e xornalista. Neste faladoiro, ademáis de examinar os efectos dos comicios lusos, tratamos os posibles paralelismos e diferenzas con respecto do panorama político español.…
Podería parecer que si, pero o Nadal non rematou en Carretando. Neste cuarto episodio coñecemos ó Abel máis recente, ó Abel alcalde. O das luces, pero tamén o das sombras. Na divulgación, falamos sobre a campaña permanente, a espectacularidade da política, a americanización das formas e do politainment. Na reportaxe, abordamos o lado descoñecido e escuro de Abel e as cíticas que recibe.…
Nesta terceira entrega da nosa segunda tempada, e aproveitando que estamos no Nadal, en Carretando falamos da personaxe política e mediática por excelencia en Galicia, Abel Caballero. Nesta primeira parte sobre a serie de Abel, tocamos as súas primeiras etapas vitais: o Abel universitario; o Abel do PCE; o Abel Presidente do porto olívico; o Abel socialista e ministro e o Abel novelista. Son moitas as cousas descoñecidas sobre o alcalde de Vigo que tratamos de dar á luz en Carretando. Na divulgación, falaremos sobre o liderado político co noso equipo de politólogos e cunha invitada especial, Ariana Castro, do podcast Política con Ciencia.…
Velkommen til Player FM!
Player FM scanner netter for høykvalitets podcaster som du kan nyte nå. Det er den beste podcastappen og fungerer på Android, iPhone og internett. Registrer deg for å synkronisere abonnement på flere enheter.
Bli med på verdens beste podcastapp for å håndtere dine favorittserier online og spill dem av offline på vår Android og iOS-apper. Det er gratis og enkelt!