Programa1408
MP3•Episoder hjem
Manage episode 419005577 series 2775978
Innhold levert av Podcast de Corcovadomusica. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Podcast de Corcovadomusica eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Edición número 1408 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 17 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 18 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 22 a través de Radio Crónica Folk Musical. Dende Finlandia preséntovos “Sea of Sensations”, primeiro sinxelo do inminente novo disco de Venla Ilona Blom. Neste primeiro tema entra de cheo no ámbito do pop con base trad. Asina un tema tan convincente como prometedor. Escoitamos tamén “Karkelo”, o segundo disco do cuarteto Polenta, ademais do novo traballo da harpista e compositora Laura Hynninen. O seu novo traballo, “Ratsut” (As cabalgaduras), está cheo de timbres experimentais e melodías ben elaboradas. O noso periplo nórdico remata con “Vetra”, o último disco de inspiración tradicional da violinista clásica Ragnhild Hemsing. Dende Estonia visítannos 6hunesseq, quen basean o seu novo traballo na tradición devocional estoniana. Completamos o programa coa última producción da harpista galesa Catrin Finch. Leva por título “Double You”, e gravouno coa complicidade da violinista irlandesa Aoife Ní Bhriain.
…
continue reading
70 episoder