Programa1419
MP3•Episoder hjem
Manage episode 443733914 series 2775978
Innhold levert av Podcast de Corcovadomusica. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Podcast de Corcovadomusica eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Edición número 1419 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 4 de outubro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 5 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 9 de outubro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 12, tamén de outubro, na sintonía de Rádio Filispim. “Barullo”, o novo disco de Baiuca, xa está nas tendas grazas ao esforzo de Raso. Logo de varios meses de espera, nos que paseniñamente fomos descubrindo parte do seu repetorio, podemos por fin valorar o traballo na súa totalidade. É un disco arriscado, híbrido, cheo de beats que nos levan ao trance e ao deephouse, mais tamén á música tradicional máis fonda. Con este proxecto, o noso disco destacado da semana, abrimos o Corcovado desta fin de semana. Escoitamos tamén “Cuando nadie ve”, canción escrita polas Fillas de Cassandra para a banda de son do filme “Soy Nevenka”, dirixido por Icíar Bollaín. Na segunda parte do programa movémonos até Brasil, aínda que con paradas en Europa —parte dos artistas que imos escoitar residen actualmente en cidades europeas—, para descubrir a últimas producións de Laiz & The New Love Experience, Momo e, dende São Paulo, a Nomade Orquestra.
…
continue reading
70 episoder