Programa1426
MP3•Episoder hjem
Manage episode 451681756 series 2775978
Innhold levert av Podcast de Corcovadomusica. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Podcast de Corcovadomusica eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Edición número 1426 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 22 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 23 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 27 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 30 na sintonía de Rádio Filispim. Tecer relacións de calidade coa nosa familia é fundamental, mais tamén é vital facelo coas persoas da nosa contorna social e humana. Sobre esta idea constrúe Catuxa Salom os temas incluídos dentro de “Cāldo”, o seu primeiro disco. Logo de avanzar diferentes sinxelos deste disco, chega por fin a súa data oficial de publicación: tédelo nas tendas e nas plataformas dixitais dende esta mesma fin de semana. Aproveitando esta circunstancia, escollémolo como o noso disco destacado da semana. Escoitamos, ademais, o primeiro disco dos Mocho Gris, na rúa dende hai unha semana, así como os últimos sinxelos das Tanxugueiras coas Fillas de Cassandra e do colectivo Resaca Emocional. Entran tamén pezas de Su Garrido Pombo e Caamaño & Ameixeiras como introdución a unha nova entrega do Culturgal. Na parte final do programa seguimos a descubrir o último disco do Narci Rodríguez dA Trío.
…
continue reading
70 episoder