Sons de Nós 18 de outubro de 2024
MP3•Episoder hjem
Manage episode 445779797 series 3495509
Innhold levert av Radiofusión. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av Radiofusión eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Os emerxentes Carabela, son unha historia de éxito, unha proposta musical que nace da amizade das noiesas Alba Vázquez e Ana Moas que se coñeceran no Conservatorio e que empezaron a facer cancións xuntas. A unión con Pablo Agra puxo a semente deste proxecto musical que en moi pouco tempo conseguíu ser finalista dos premios Martín Códax da música. O seu enfoque musical está enraizado no pop, na electrónica e a música tradicional, pero non hai temor a innovar. A banda de Noia debutou en 2023 co EP ‘Nó’, converténdose en finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega na categoría de Electrónica. En 2024, tras a súa primeira travesía con ‘Nó’, Carabela emprende co EP ‘A noite’ a busca de novos horizontes para cruzar e ensanchar os límites da música galega. Agora, despois destes dous EP´s e cun novo membro na formación, coa incorporación do baixista Pablo Pazos, seguen colleitando éxitos ao ser unha das tres candidaturas aos premios Fran Pérez Narf de música da Deputación da Coruña. Carabela navega coas velas despregadas neste océano musical que Galiza nos ofrece. Alba Vázquez, Pablo Pazos, Pablo Agra e Ana Moas levan o timón desta nave con firmeza e delicadeza garantida. Non deixedes pasar a oportunidade de velos no escenario.Carabela navega coas velas despregadas neste océano musical que Galiza nos ofrece. Alba Vázquez, Pablo Pazos, Pablo Agra e Ana Moas levan o timón desta nave con firmeza e delicadeza garantida.
…
continue reading
1228 episoder