Episodio 5 con Alfredo Álvarez e Jorge Marcote: "A Crise na Hostalería: Camareiros e Solucións" - Retrato Sonoro
MP3•Episoder hjem
Manage episode 455828118 series 123294
Innhold levert av True Stories on Player FM. Alt podcastinnhold, inkludert episoder, grafikk og podcastbeskrivelser, lastes opp og leveres direkte av True Stories on Player FM eller deres podcastplattformpartner. Hvis du tror at noen bruker det opphavsrettsbeskyttede verket ditt uten din tillatelse, kan du følge prosessen skissert her https://no.player.fm/legal.
Benvidas e benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde exploramos as historias de xente que paga moito a pena coñecer, cun enfoque especial no noso serial ‘Da cepa á bodega’, que continuamos grazas á inestimable colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños na D.O. Rías Baixas. Jorge, co seu amplo coñecemento no mundo do viño, achega autenticidade e profundidade a cada un dos nosos episodios. Eu son Fidel Mouzo e nos primeiros capítulos, coñecemos a Alfredo Álvarez, fundador de Casa Alfredo en Mos, un dos primeiros restaurantes de alta cociña en Galicia. Alfredo compartiu connosco a súa experiencia no mundo do viño e da sumillería, así como algunhas anécdotas curiosas da súa carreira. Nos últimos, exploramos tamén a súa traxectoria na hostalería e as innovacións que trouxo ao sector. Neste quinto episodio, seguiremos falando de Casa Alfredo, pero imos centrarnos nun tema de gran relevancia na hostalería actual: a problemática da contratación de camareiros, as súas condicións laborais e que saídas podería ter esta situación. Alfredo, un gran representante do sector en Galicia, dará a súa visión sobre esta problemática, e tamén contaremos coa opinión de Jorge Marcote, quen é moi consciente das dificultades que atravesa o sector porque as viviu e vive de forma directa. As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.
…
continue reading
1052 episoder